(g).constitucion dos lacedemonios:consitucion dos aten

(g).constitucion dos lacedemonios:consitucion dos aten

Editorial:
Rinoceronte editora s.l.
EAN:
9788417388539
ISBN:
978-84-17388-53-9
idioma:
GALEGO
Ample:
145
Alt:
220
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
VETERA

Descompte:

-5%

Abans:

12,00 €

Després:

11,40 €
IVA inclòs
Comprar

O século v a.n.e. é unha época de grande intensidade tanto a nivel político como cultural. È neste tempo cando empeza a xurdir a reflexió n arredor do sistema político da democracia. As dúas obras que se presentan neste volume están compostas neste contexto histórico que constitúe a orixe no estudo do pensamento político grego. Os acontecementos históricos nos que se verán envoltas as distintas cidadesûestado serán decisivos na historia de Grecia e terán grandes repercusións na posterior cultura occidental. Xenofonte considera que a Guerra do Peloponeso e os distintos  acontecementos da segunda metade do século v serán a orixe de todos os males dese tempo. Na Constitución dos Lacedemonios, Xenofonte representa os ideais oligárquicos de Esparta á vista das consecuencias da Guerra do Peloponeso. O modelo que el propón baséase nas reformas instituídas por Licurgo. Na Constitución dos Atenienses,  o autor analiza desde un punto de vista moi crítico o réxime da democracia partindo das bases do poder do estado ateniense que se  configura durante a Pentecontencia, período que abrangue desde a derrota dos persas na Segunda Guerra Médica no 480 a.n.e. até o inicio da Guerra do Peloponeso, no 433 a.n.e. Presenta este modelo de
 goberno como un réxime eficaz pero corrupto ao mesmo tempo. O obxectivo do autor é chegar ao concepto de eunomía ou goberno dos mellores.

Rinoceronte editora s.l. a Llibreria Etcètera