Demo de dente

Demo de dente

Editorial:
Oqo
EAN:
9788498714678
Any d'edició:
Matèria
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANYS
ISBN:
978-84-9871-467-8
Pàgines:
40
Enquadernació:
TAPA DURA
idioma:
GALEGO
Ample:
220
Alt:
280
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
SIN COLECCION

Descompte:

-5%

Abans:

15,50 €

Després:

14,73 €
IVA inclòs

Un dente que se move
 e nos amola, ao comer, ao falar...,
 pero non hai maneira de que caia:
 aí segue como se tal cousa!
 
 Ás veces, todo resulta moi sinxelo:
 dáslle un bocado a unha mazá e, de súpeto, zas!,
 esa moa que se movía, cae.
 Estás en clase de matemáticas
 e, ao facer unha multiplicación, zas!,
 ese dente que abaneaba, cae.
 
 Pero outras veces, como ocorre neste libro, non é doado, nin moito menos. Para estes casos difíciles, o escritor Pep Bruno e a ilustradora Amrei Fiedler presentan unha serie de propostas divertidas, imaxinativas e un tanto surrealistas, que non garanten ao cento por cento que o dente acabe caendo, pero si gargalladas.
 
 Estamos ante un manual literario e gráfico para que os nenos enfróntense, con ousadía e sen complexos, a esa etapa difícil e pouco agradable da caída dos dentes de leite. Para iso, como sempre, non hai  nada mellor que refuxiarse no humor.
 
 Así, hai métodos clásicos como atar un fío ao dente e, polo outro extremo, ao pomo dunha porta, á espera de que alguén abra a porta e, tachán!, se leve o dente; ou máis románticos, como darlle un bico a alguén; ou científicos, nos que se aplica o principio de Arquímedes.
 
 O favorito de Amrei Fiedler é o "Entretido", baseado nun circuíto (pezas de dominou, bólas, péndulos...), cuxo desenlace consiste nun martelo que dea directamente sobre o dente en cuestión.
 
 Deste xeito, Demo de dente! non é só un hilarante abanico de estratexias, cada cal máis esmendrellante, para acabar co molesto baile dun dente. Este manual convértese tamén en fonte de inspiración para outros enxeñosos usos, como apunta a propia ilustradora, a quen lle gustaría construír "unha máquina como a do Método Entretido pero cunha función diferente, como un reloxo espertador ou unha máquina para alimentar gatos".
 
 O que revelan as palabras de Amrei Fiedler é a facilidade para que calquera lector se senta identificado con algunha das propostas desta completa guía, resultado dunha "procura exhaustiva" de Pep Bruno, xunto ao seu fillo.
 
 "Preguntamos a amigos e inimigos, consultamos libros, viaxamos a outros continentes e sobre todo, probamos un tras outro, en nosas propias carnes, os diversos métodos dos que tivemos noticia", relata o  escritor, co mesmo humor que rezuma o conto.
 
 En definitiva, unha investigación que o lector pode gozar, xunto a unhas ilustracións, realizadas con pequenos pinceis e acrílicos, cheas  de curiosos detalles que invitan a novas e divertidas lecturas, sobre  todo se nos paramos a observar os cadros que aparecen recorrentemente  nas súas páxinas. "Ensinan detalles da miña vida", descobre sobre eles a artista alemá, quen precisa que algúns, como os pingüíns ou os robots, son "pequenos agasallos secretos" para os seus amigos.
 
 Aínda que Demo de dente! é a súa primeira colaboración con OQO, xa ten  no seu haber libros editados e premios polas súas ilustracións. Unha característica dos seus traballos é que sempre aparecen gatos, seguro que tamén neste: Queres comprobalo?

Matèria a Llibreria Etcètera

Oqo a Llibreria Etcètera

  • The war of the Numbers -5%
    Titulo del libro
    The war of the Numbers
    Darien, Juan
    Oqo
    ONE was a very small number. Always alone and jealous of the others, that seemed so superior. One day, Kin...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    14,90 €14,16 €

  • Titiritesse -5%
    Titulo del libro
    Titiritesse
    Quintia Perez, Xerardo
    Oqo
    Titiritesse habite dans le royaume dÆAvant-hier. Sa mère essaye de lui donner une éducation digne dÆun...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    14,90 €14,16 €

  • Tengo miedo! -5%
    Titulo del libro
    Tengo miedo!
    Bowley, Tim
    Oqo
    Un niño estaba con su abuelo, mirando el mar desde una roca. De pronto, el niño dijo: ùAbuelo, no ...
    No disponible

    14,90 €14,16 €

  • Procurando o norte -5%
    Titulo del libro
    Procurando o norte
    Carbonell, Paula
    Oqo
    O pirilampo faz de conta que é uma estrela cadente, a lesma pede um desejo... e é então que começa a v...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    14,90 €14,16 €

  • RATA TOMASA Y TOM RATÓN -5%
    Titulo del libro
    RATA TOMASA Y TOM RATÓN
    Nuñez, Marisa Cimatoribius, Alessandra
    Oqo
    Tom Ratón se fue a visitar a su amiga Tomasa. íQué alegría en la celebración! Venga vino, venga tocino y m...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    15,90 €15,11 €