As cartas do destino.

As cartas do destino.

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482887913
Any d'edició:
Matèria
LITERATURA
ISBN:
978-84-8288-791-3
idioma:
GALEGO
Ample:
135
Alt:
210
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
MEMORIA

Descompte:

-5%

Abans:

21,20 €

Després:

20,14 €
IVA inclòs
Comprar

Premio Manuel Murguía da Deputación da Coruña no ano 2003, As cartas do destino é un traballo de investigación histórica desenvolvido por Xosé M. Nuñez Seixas e Raúl Soutelo a partir da correspondencia mantida ao longo de cincuenta anos polos membros dunha familia de emigrantes galegos en América. A voz dos outras veces protagonistas anónimos da historia chega agora aos lectores e lectoras de maneira directa a través das cartas que se inclúen no libro que editorial Galaxia publica na colección Memoria. Entre América e Galicia circularon durante medio século as cartas da familia Naveiras, orixinarios da parroquia de Ferreira, no concello ferrolterrán de San Sadurniño. As angueiras e arelas destes galegos que marcharon traballar alén mar quedaron así fixadas por escrito. As cartas do destino recolle unha correspondencia de máis de duascentas cartas para, a partir delas, os historiadores Xosé M. Seixas e Raúl Soutelo reconstruíren a historia dunha vida. Mediante a investigación feita polos autores do libro, o lector ou lectora pode compartir unha experiencia semellante a dos centos de milleiros de galegos que atravesaron o Atlántico, ao tempo que ten acceso directo ao testemuño daqueles que nunca deixarán de pensar na súa terra. As dificultades da  vida cotiá, profesional e familiar, as relacións entre os galegos emigrados e as destes cos que permaneceron en Galicia, o asociacionismo como xeito de recrear os vencellos sociais da terra de orixe e o constante afán por axudar ao progreso de Galicia coa construción de escolas e axuda económica, quedan reflectidas nun libro  no que os auténticos protagonistas falan en por si.

Matèria a Llibreria Etcètera

Galaxia a Llibreria Etcètera

  • O bosque de Levas -5%
    Titulo del libro
    O bosque de Levas
    Alvarez Cáccamo, Alfonso
    Galaxia
    No disponible

    13,94 €13,24 €

  • Luz de abrente -5%
    Titulo del libro
    Luz de abrente
    Calvo, Tucho
    Galaxia
    Tucho Calvo ofrécenos unha novela na que fai gala, unha vez máis, da súa destreza para argallar historias ab...
    No disponible

    15,90 €15,11 €

  • Nace un campión -5%
    Titulo del libro
    Nace un campión
    Heinze, Ursula
    Galaxia
    No disponible

    6,43 €6,11 €

  • O ladrón de paraugas -5%
    Titulo del libro
    O ladrón de paraugas
    Nº 34
    Lueiro, Xosé
    Galaxia
    Fazulas, o gato persa de donaAdelaida, quere saber de que cor é o vento, para descubrilo, emprenderá unha fan...
    No disponible

    15,90 €15,11 €

  • Serenou a néboa -5%
    Titulo del libro
    Serenou a néboa
    Nº 112
    Guede Oliva, Manuel
    Galaxia
    Este é o regreso de Manuel Guede a un lugar que é máis ca unha cidade posible ou o reverso dun espello chama...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    14,30 €13,59 €