Descompte:
-5%Abans:
Després:
7,79 €A vida de Eladio RodrÃguez González presenta de xeito claro, ameno e completo a biografÃa do intelectual homenaxeado co DÃa das Letras Galegas do ano 2001. Abórdase neste libro dende a súa infancia nas terras do Ribeiro, onde naceu no ano 1864, ata a súa morte na Coruña en 1949. Trázase o seu pensamento de fonda raÃz patriótica, patente no seu labor a prol da cultura galega no seo das Irmandades da Fala ou da Real Academia Galega, da que foi presidente entre 1926 e 1934. Desde a nosa prespectiva actual, o compromiso de Eladio RodrÃguez González co seu paÃs parece culminar nunha obra na que traballou durante toda a súa vida e que segue sendo un monumento único da lexicografÃa galega: os tres volumes do Diccionario enciclopédico gallego-castellano, publicado postumamente por Editorial Galaxia.